O Concello da Coruña recorrerá a súa exclusión como parte personada no 'caso Fuenlabrada'

A Alcaldesa da Coruña asegura que os servizos xurídicos traballan para defender os intereses municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, confirmou que os servizos xurídicos do consistorio traballan no recurso contra a decisión do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña de rexeitar a súa personación na instrución do 'caso Fuenlabrada'.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre unha medida que afecta tamén ao Deportivo da Coruña e que o xulgado adoptou antes de trasladar a causa a Madrid e ao estimar o recurso presentado por LaLiga.

A rexedora mostrou o respecto ás decisións xudiciais, pero ratificou que os servizos xurídicos do concello traballan no recurso e que a intención do goberno local é "esgotar todas as vías en defensas dos intereses" municipais.

"Púxose en risco a unha cidade cunha decisión que foi a de viaxar cun equipo con contaxiados Covid e incumprindo os protocolos", remarcou a alcaldesa, quen asegurou que o consistorio defenderá "ata o final" os intereses da cidadanía coruñesa.

Arquivo - Un dos 33 membros do CF Fuenlabrada abandonando o hotel coruñés onde permaneceron confinados. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un dos 33 membros do CF Fuenlabrada abandonando o hotel coruñés onde permaneceron confinados. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta