O PSdeG analizará o modelo autonómico este sábado nun encontro con Francisco Caamaño e o catedrático Ramón Máiz

Baixo o título 'Autonomía e federalismo', o acto terá lugar este sábado no compostelán hotel Os Abetos a partir das 11,30 horas e no que tamén participará a secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participa este acto nun acto para analizar o modelo autonómico que rexe o país e os retos do autogoberno galego xunto ao exministro de Xustiza Francisco Caamaño e o catedrático Ramón Máiz.

Baixo o título 'Autonomía e federalismo', o acto terá lugar este sábado no compostelán hotel Os Abetos a partir das 11,30 horas e no tamén participará a secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro.

Diso informou o PSdeG nun comunicado remitido aos medios, no que destaca que a xornada se enmarca na programación elaborada polos socialistas galegos para conmemorar o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Anteriormente, os socialistas galegos organizaron outro evento xunto aos expresidentes da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño no que destacaron a relevancia do Estatuto de Autonomía de Galicia e o papel do PSdeG na súa consecución, á vez que reafirmaron o seu compromiso coa autonomía e o autogoberno.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, atende aos medios en Santiago de Compostela
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, atende aos medios en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta