Regresa o concurso 'Cantalingua', que abre prazo de propostas musicais ata o 31 de maio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O concurso de cancións orixinais en galego 'Cantalingua' regresa esta primavera como primeira convocatoria do 'Correlingua 21', que ten previsto celebrarse durante o outono baixo a lema 'Inmunízate co galego'.

Antes, ata o próximo 31 de maio estará aberto o prazo para a presentación de propostas musicais que opten a entrar no palmarés de 'Cantalingua', o concurso pensado para bandas e solistas que aposten polo galego nas súas letras.

As cancións deberán ser orixinais, estar compostas en lingua galega e presentarse en formato mp3 xunto cunha fotografía e presentación. Os temas serán publicaoas en web e redes sociais de 'Cantalingua'.

Gaita nunha imaxe promocional
Gaita nunha imaxe promocional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta