Temas: XUíZO MUXíA

A acusada de prender lume nun bar de Muxía con tres pintores nega os feitos

Sostén que entón estaba a tratamento psiquiátrico e consumía estupefacientes, e alega que estaba soa en casa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A acusada de encerrar a uns pintores nun bar de Muxía e de provocar un incendio na porta negou os feitos no xuízo celebrado na mañá deste martes na Audiencia Provincial da Coruña. Segundo recolle a Fiscalía no seu escrito de acusación, os feitos tiveron lugar o 13 de febreiro de 2018 sobre as 2,00 horas, nun bar pechado ao público en Muxía.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Na súa declaración, a acusada negou ter ido ao bar aquela noite e dixo "estar soa en casa". A presunta autora dos feitos alegou tamén estar en tratamento psiquiátrico naquel momento e ser consumidora de sustancias estupefacientes.

Pola súa banda, o pintor que interactuou coa acusada antes do incendio, dixo que esta tentou entrar no bar "a por tabaco". Aínda que non a viu ao estar o local pechado por dentro, dixo que "recoñeceu a súa voz" e que esta ademais esta identificouse polo seu nome e alcume.

Segundo declarou o home, a muller empezou ter unha actitude "agresiva", ameazounos con "raiarlles os coches" e tamén dixo que "ía provocar un incendio", pero o tres tomárono de broma.

A vítima afirmou que a acusada se foi do lugar tras "dar golpes" e que uns minutos máis tarde se deron conta do que estaba a suceder. Acto seguido chamaron ás autoridades e ao pai dunha das vítimas, que os rescataron do incendio.

Temas: XUíZO MUXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta