Galicia vacinou coa primeira dose de Astrazeneca a 60.000 'esenciais', que esperan unha segunda vacina

Sanidade inmunizará igualmente a esenciais que teñan contacto con persoas de risco.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/04/2021 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

Galicia vacinou a 60.000 persoas de colectivos declarados esenciais coa primeira dose de Astrazeneca, o que supón o 90 por cento das persoas que estaban incluídas nas listas achegadas á Dirección Xeral de Saúde Pública. Todo eles, xunto con ao redor de 40.000 galegos máis --un dato que a consellería non detallou polo momento-- esperan agora por unha segunda dose, sexa desta mesma fórmula ou doutra marca.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo | Fonte: Europa Press.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou que a vacinación para os grupos esenciais e para os menores de 60 quedou suspendida co cambio de indicacións para a fórmula de Astrazeneca, do que agora están pendentes para coñecer se se inoculan as segundas doses ou outra.

Pois ben, esta situación deixou sen vacinar un 10 por cento de persoas de colectivos declarados esenciais --a pasada semana informouse de que no conxunto de docentes ascendía ao 16 por cento--.

A este respecto, o conselleiro de Sanidade aclarou este mércores que, aínda que se suspendeu a vacinación por grupos colectivos esenciais e agora a estratexia recolle realizar a inmunización por grupos etarios, Saúde Pública "fará algún axuste" e vacinará a persoas de colectivos esenciais que desenvolvan a súa actividade cun "impacto directo" na pandemia ou con grupos de persoas de "maior risco".

JANSSEN

Doutra banda, o conselleiro ratificou que Galicia retomará de forma inmediata a previsión de vacinar a domicilio aos grandes dependentes coas 8.350 doses de Janssen que este mesmo mércores chegan á comunidade, despois da paralización da subministración da semana do 13 de abril.

A previsión é que esta semana, coas doses recibidas de Pfizter --105.300 semanais, aínda que a semana que vén serán puntualmente 140.000-- e as que se terán inoculado entre este martes e este mércores, o 96 por cento das doses fornecidas a Galicia, que xa superan o millón, sexan inoculadas á poboación galega.

Comesaña indicou que o colectivo de entre 60 e 65 vacinarase con Astrazeneca e rexeitou adiantar a súa inmunización con Pfizer, que se empregará para menores de 60 anos, posto que estas doses non habería, dixo, onde "polas".

Aínda que non precisou cando empezaría a administrarse a vacina para este grupo de idade, que se quedou nunha especie de burbulla entre os maiores de 70 e os menores de 65, aos que si se está vacinando, o conselleiro de Sanidade manifestou que se mantén o obxectivo de ter vacinados a todos os maiores de 60 anos --inclusive este grupo-- no mes de xuño.

MODERNA

O conselleiro tamén informou de que este luns foron fornecidas 14.300 doses de Moderna, mentres que para o vindeiro luns non hai previsión de recibir de Astrazeneca.

En canto a Moderna, Comesaña lembrou que a chegada "é irregular", pero que esta semana se van a inocular 24.000 segundas doses, unha previsión que se pode facer "froito" da reserva que fixo Galicia desta vacina ante a "descontinuidade" desta fórmula.

O titular de Sanidade defendeu así a estratexia de reserva que fai Galicia, que agora permite "non ter que atrasar o período da segunda dose".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta