Un holograma para poder interactuar con Touriñán e Federico Pérez a través da pantalla

A multinacional galega Trison proba a súa última tecnoloxía cos protagonistas do filme 'Cuñados', que poderán ser vistos estes días nas rúas da Coruña en versión holográfica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Galicia segue a cultivar un pequeno pero rico grupo de empresas que, dende as nosas fronteiras, traballan arreo para levar máis as fronteiras da vangarda tecnolóxica. Unha delas é a multinacional Trison, unha das firmas mellor posicionadas no sector na integración audiovisual en Europa, e que recentemente vén de lanzar un produto ao fío do filme ‘Cuñados’ que sorprenderá a máis dun.

Unha das cabinas de 'Holobox' que recollen os protagonistas do filme 'Cuñados' desenvoltas pola multinacional coruñesa Trison
Unha das cabinas de 'Holobox' que recollen os protagonistas do filme 'Cuñados' desenvoltas pola multinacional coruñesa Trison | Fonte: Trison

A esta empresa afincada na Coruña ocorréuselle poñer en proba o seu sistema de “telepresenza” ‘Holobox’ empregando os actores que desempeñan os papeis principais desta comedia integrada por Touriñan, Miguel de Lira e Francisco Pérez. Por iso o trío que encabeza o filme pode ser visto estes días na coruñesa Praza de María Pira; e iso non é todo, xa que as figuras, segundo explican, dende a empresa mesmo “interactúan” cos viandantes. 

Dende a compañía explican que Holobox é unha tecnoloxía pensaba para “xerar experiencias novidosas e impactantes, en tempo real e a calquera distancia, a través de holografías que emulan en directo a imaxe real dunha persoa ou dun obxecto en tres dimensións”. “En certa medida Holobox rompe o axioma de que non se pode estar en dous ou máis sitios á vez” engade o director de Marketing e Estratexia de TRISON, Ignacio Alonso. Polo momento, Touriñán e compañía estarán na Praza de María Pita recibindo as visitas de coruñeses e achegados. Todo, iso si, mentres non marche a rede de internet que alimenta estas curiosas cabinas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta