Convocadas unhas 800 persoas de 16 a 90 anos a un cribado en Mesía

As probas teñen lugar no consultorio de Visantoña

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/04/2021 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza convoca un novo cribado cunhas 800 persoas citadas de entre 16 e 90 anos no concello de Muxía.

Segundo informou esta área sanitaria, as probas teñen lugar no consultorio de Visantoña, en Mesía, desde as 16,00 horas deste xoves e ata as 21,00 horas.

Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza | Fonte: Sergas.

Este cribado poboacional lévase a cabo mediante PCR e por parte da dirección da área sanitaria pídese "asistir e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións".

Por outra banda, informou de que no concello de Padrón este pasado mércores, 28 de abril, levouse a cabo un cribado mediante PCR a persoas de Herbón de máis de 16 anos que contou cunha participación dun 55%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta