Empresarios de Fene aplauden o "paso adiante" de Feijóo ao propor un pacto de Estado por Ferrolterra

Piden á ministra Nadia Calviño que "sexa sensible á situación".

Por E.P. | Fene | 30/04/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Iniciativa Empresarial del Noroeste (IEN por Europa) celebra o "paso adiante por Ferrol" que deu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao propor un pacto co Goberno central e os axentes económicos e sociais que sente as bases para a reactivación económica da comarca.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no foro 'Wake up, Spain!, organizado polo Español, Invertia e D+I.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no foro 'Wake up, Spain!, organizado polo Español, Invertia e D+I.. XUNTA

O presidente da entidade, Manuel Pérez, considera que as manifestacións do presidente galego representan "unha luz nos escuros momentos" que atravesa a industria de Ferrolterra e expresou a súa confianza en que a ministra Nadia Calviño "sexa sensible á situación".

Pérez fala tamén en calidade de membro da Confederación de Empresarios de Galicia, ao asegurar que o empresariado "está disposto a colaborar na procura de solucións, sempre que estas sirvan para frear o desmantelamento industrial e impulsar novos proxectos produtivos".

"A tradición industrial de Ferrolterra converte esta comarca nun territorio con grandes capacidades, que deben verse como unha oportunidade para asentar iniciativas sólidas e duradeiras", sinala Pérez.

Os sectores da construción naval e da enerxía "deben seguir sendo motores" e "hai que apostar por eles e pola súa modernización", subliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta