O bipartito, o gran argumento de Feijóo para desarmar á oposición

O presidente galego insiste na situación de "mellora económica" de Galicia e pide acordos pero sen ofrecer nada a cambio. PSdeG, AGE e BNG denuncian a degradación dos servizos públicos e a o aumento do paro e acusan a Feijóo de mentir sobre a situación real do país.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/10/2013 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Cinco e dous. Son os anos nos que leva gobernando o PP en Galicia e en España. E aínda así, despois do tempo transcurrido, Alberto Núñez Feijóo, ten que tirar de datos do que aconteceu entón, con gobernos do PSdeG e BNG en Galicia e do PSOE en Madrid, para desarmar os argumentos da oposición.

"O bipatito gastou menos en sanidade e en comedores escolares, foi o responsable do concurso eólico, tivo máis parados no seu último ano que agora, subiu os impostos, eliminou o patrimonio das rendas altas, inxectou máis cartos á TVG"... Estes e outros máis foron os argumentos utilizados polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, ao lembrar ao Goberno que Emilio Pérez Touriño presidiu hai nove anos.

Pero non só o bipartito foi recurrente no discurso polo xefe do Executivo galego para facer fronte aos argumentos de PSdeG, AGE e BNG. Tamén botou man do de Zapatero, que comezou a súa presidencia hai seis anos. Así, aludiu aos 15.000 millóns "gastados en aceras" ou os 6.000 milllóns "en chegues bebés". "Que ben me virían a min agora eses cartos mal gastados", suliñou.

E é que a principal baza de Feijóo nos grandes debates galegos segue sendo a comparación de datos interesada entre os seus executivos e o bipartito. E con eses datos tentou desacreditar aos aportados pola oposición. E cando os líderes da oposición lle lembraron que todos os indicadores din que Galicia está peor que hai cinco anos, o xefe de Executivo buscou un novo argumento; a das urnas.

Un momento do debate de Estado da Autonomía
Un momento do debate de Estado da Autonomía | Fonte: Conchi Paz

O "exame" dos galegos

"Fai un ano xa me examinaron os galegos e deronme a maioría absoluta novamente", indicou. "Non se pode comparar o 2005 co 2009... Mudaron as circunstancias pero se vostede fora membro da Xunta faría algunhas das cousas que eu estou facendo agora", dixo tamén durante o debate en resposta a unha crítica do nacionalista Francisco Jorquera.

Por suposto, tampouco coincidiron neste debate do Estado do País os datos e cifras utilizadas por Feijóo e as utilizadas polos líderes da oposición ao referirse á situación de Galicia. Na Galicia idílica de Feijóo, esa que "está mellor que o resto das autonomías" e a punto de "saír da crise", o paro rexistrado baixou en 18.000 persoas ata setembro, que a débeda é a menor que a do conxunto de España e que a xente non emigra nas porcentaxes que denuncia a oposición.

Para un caso utilizou datos do Instituto Nacional de Estatística e outros os da oficina públicas de emprego, mentres que a oposción aludía tamén a datos do INE, da EPA ou mesmo de Cáritas. "Se eu chego a utilizar os datos de Cáritas xa me estarían criticando. Eu cito as estatísticas do Estado e de Galicia", dixo ao xustificar a súa radiografía do país.

As explicacións de Feijóo

E sobre os argumentos e críticas da oposición sobre a situación real de Galicia, que dixo o presidente da Xunta?. Sobre os problemas das pensións dos emigrantes retornados apuntou que Galicia "non dará un paso atrás" neste asunto. "E se a Axencia Tributaria non o fai, terá a Xunta en contra", insistiu.

En relación ao naval dixo que é outra das "prioridades" da Xunta pero responsabilizou ao PSOE de ser o responsable do peche dos asteleiros galegos a través do comisario europeo Joaquín Almunia. "O naval foi unha carreira de obstáculos por culpa de Almunia e do lobbie holandés", afirmou.

Sobre exemplaridade na política dixo que no seu goberno non hai "ningúen imputado" e ningún membro do seu executivo "nun sumario", sen decartarse de que o delegado do Goberno galego en Ourense, Rogelio Martínez, --presente na tribuna dos convidados-- está imputado nun proceso xudicial.  "Alá cada quen co que ten", afirmou con respecto a outros casos que afectan ao seu partido, especialmente, no concello de Santiago.

No caso das caixas, defendeu a súa venda e queixouse da "pouca información" que o bipartito tiña sobre a situación económica das caixas tras a "alerta" que recibiu do Gobernador do Banco de España cando chegou á Xunta en 2009.  

Pero as explicacións de Feijóo -utilizando ao bipartito ou enquisas diversas-- non convenceron á oposición que volveu criticar a "pésima situación económica" na que se atopa Galicia;  con máis paro, máis emigración, sen sectores productivos, sen carga de traballo no naval ou con explotacións agrarias que pechan cada día.

E aínda así, o presidente galego insistiu en chegar a posibles acordos cos tres grupos. Un acordo que foi rexeitado, precisamente, porque Feijóo evitou comprometerse durante o seu discurso con algunhas das propostas realizadas por PSdeG, AGE ou BNG para diminuir o paro, mellorar os servizos públicos ou evitar a emigración dos máis novos, entre outras.

As "provocacións" a Beiras

Durante este debate, o líder de AGE acusou a Feijóo de tentar "provocalo" apelando a "argumentos de índole persoal". E é o xefe do Executivo galego aludiu en varias ocasións a orixe burguesa de Beiras ou as súas críticas as xubilacións en sanidade "polos amigos que un pode ter aí".

"Saiu para provocarme porque só me deixo provocar cando quero e me interesa e porque non quero abusar de vostede", ironizou Beiras que dixo que lle podería aplicar os "adxetivos" que Pondal utiliza no himno galego, 'Os pinos', pero non o faría porque "dirían que o estou insultando". Así, ironizou co "nivel cultural" de Feijóo e dixo que "só aprendeu o Código civil" cando estudiaba.

"Non quero que nadie acabe en Urxencia", replicoulle logo Feijóo. "Eu teño educación. E se alguén pensa que citando á cultura, outro non pode ter educación, equivocase profundamente", dixo al lembrar que aprendeu "moito" das súa "orixes". "Se tivera as mesmas ca min pois vería as cousas de xeito diferente", concluíu.

Feijóo intervén na Cámara galega
Feijóo intervén na Cámara galega | Fonte: Conchi Paz
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

10 Doutor Ju

Aínda recordando ao bipartito? Xa choveu Alberto! Algo teredes que asumir, cachondos!, que sodes uns cachondos!

9 antibirrias

Aínda lembro cando os ajetes chegaron ao parlamento de Galicia fachendeando de que con eles chegaba a verdadeira oposición. Pronto descubrimos que todo se reducía a pelexar polos metros cuadrados de despacos e unhas tablets. Do resto, fume e o triste pacto das 50 sombras de Alberte e Xoxé Manuel.

8 Nick

Neste país gobernou durante decadas o ex ministro de Información e Turísmo do dictador Franquito. Antes fixerono outros do seu elenco e despois o amigo de Marcial. Agora resulta que todos os males, habidos e por haber, son culpa de dous incautos que, escasamente, gobernaron unha lexislatura. Os que agora non gobernan, por inutiles, son incapaces, por inuitiles, de desmontar as falacias de Marcialito. Mentres tanto, todos contentos. Seguimos cobrando.

1 xaxa

A inutilidade certa do PP non lle outorga utilidade ao bipartito, especialmente ao BNG que foi quen perdeu o deputado e o goberno. Os que deixamos de votalos esperabamos outracousa. Sobre o Bloque xa non se construen alternativas cribles. E precisamos crer!

2 FUN_EU

Coidado, non só o PP, tamén o PSOE. Algún aquí esquece contar como o PSOE saboteóu ao BNG, algún esquece nomear como se saboteóu o plan eólico por parte do PPSOE, contra o BNG, algún esquece nomear que empezóu a obra do Gaiás. Ou como IU se asocióu a un criminal para criticala xestión do BNG en Ferrol. Definitivamente o BNG foi o mellor que lle pasóu a Galicia. Aos que precisan "crer" voulles dar algo que poden crer con seguridade: Namentres gobernen Galicia os partidos centralistas, estaremos como os últimos 500 anos, é decir, o mellor que vai pasar e que vendan a Galicia, como xa o tentaron facer hai 200 anos a Inglaterra. E ao que teña dúbidas desto último dareille no que "CRER"

7 O da Norita

E as historias de amor que xerou o bipartito? Non todo é política. As parellas nacidas ao calor dun consello da Xunta non son menos que os ligues dos que non liscan do armario.

1 FUN_EU

Conta conta, seguro que tes algo que decir de Mendez Romeu, nonsi?

2 O da Norita

Si. E de Luis Mariano.

3 Super_Mario_netas

Xa sabía eu que os supertrolls maketos pasabades o tempo lendo as revistas do Paquirrinismo, pero o de que fósedes tan "maricomplejines" non cho sabía.

6 AGE por Galiza

E logo Feijoo leva uns seis anos de vacacións na Xunta? Non tivo tempo de empezar a facer nada para arranxar as "desfeitas" do goberno anterior?