O Goberno pon data da fin da vacinación en Galicia: finais de setembro

Destaca que coas vacinas subministradas pode completar a vacinación de forma masiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, destacou que grazas á subministración de vacinas por parte do Executivo estatal Galicia poderá chegar a finais de setembro co "proceso de vacinación realmente completado".

"Podemos felicitarnos de que grazas á subministración de vacinas efectuado polo Goberno de España, a Xunta poida estar a completar unha vacinación de forma masiva cada semana incrementándose, o que nos vai a permitir chegar a finais de setembro con este proceso de vacinación completado para todos os galegos e galegas", sinalou.

Así o manifestou en declaracións difundidas aos medios tras unha reunión mantida este luns entre a Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia para abordar a coordinación do proceso de vacinación e nas que, conforme apunta a Subdelegación, fai referencia ás previsións de inmunización por parte do Goberno galego.

A subdelegada lembrou tamén a colaboración feita polas forzas e corpos de seguridade e os concellos, aos que deu o seu agradecemento pola disposición mostrada durante a pandemia.

Fila de pacientes que esperan para recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios de idades. Rosa Veiga - Europa Press
Fila de pacientes que esperan para recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios de idades. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta