Cantabria e Castela-A Mancha entran na listaxe galega de territorios de rexistro obrigatorio

Castela e León abandona esta listaxe, que reduce a 34 os países de Europa e incrementa novos territorios de América e Asia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/05/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública actualizou a listaxe de territorios de procedencia que os viaxeiros deben notificar á Xunta á súa chegada a Galicia no marco da pandemia e que suman, dentro de España, Cantabria e Castela-A Mancha. A Xunta retira Castela e León, que entrara na última actualización.

Con iso, as persoas que cheguen á comunidade están obrigadas a notificar se nos 14 días anteriores estiveron en Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid, Navarra, País Vasco ou A Rioxa, así como nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. No que respecta a Europa, os territorios redúcense a 34, tras saír da listaxe Eslovaquia, Illa de Man, Moldavia e Mónaco, e non introducirse ningún novo territorio.

Así, a listaxe queda como segue: Acerbaixán, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, Estonia, Eslovenia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Kósovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Montenegro, Polonia, República Checa, Romanía, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína e Xeorxia. Tamén debe comunicar a súa chegada calquera visitante procedente do continente africano.

AMÉRICA E ASIA

En América, os estados de notificación obrigatoria soben a 26, tras introducir Anguila, San Eustaquio e Saba, e Costa Rica. Deste xeito, o DOG establece que son de comunicación obrigatoria: Anguila, Arxentina, Aruba, Bermudas, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Uruguai.

A listaxe de Asia sobe a 29 estados, tras entrar Kazajistán e Mongolia: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kazajistán, Kuwait, Líbano, Maldivas, Mongolia, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Xordania.

Finalmente, retírase a obrigación de comunicar a súa chegada a Galicia aos viaxeiros procedentes de Wallis e Futuna, en Oceanía.

Todas as persoas que cheguen a Galicia desde estes lugares, ou que estivesen neles nos últimos 14 días, deberán cubrir o formulario habilitado na web do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ou ben comunicalo ao teléfono 881 00 20 21 no prazo das 24 horas.

Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas.  / Europa Press
Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta