Temas: AFORRO GAS LUZ

Escurantismo enerxético: 6 de cada dez galegos non entenden a factura da luz

A excesiva "letra pequena" destas facturas dificulta a moitos galegos cambiar de compañía ou mesmo saber que tipo de contratao teñen, segundo un estudo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Cambios no sistema da luz. O próximo 1 de xuño entra en vigor a nova tarifa 2.0 TD que, segundo a Comisión Nacional do Mercado de Valores, pretende fomentar o aforro enerxético, entre outros. A medida impulsada dende o organismo estatal choca cun dos grandes problemas no tocante ao mercado enerxético: o descoñecemento que o público común padece con respecto a boa parte da súa letra pequena.

Parque eólico de Malpica
Parque eólico de Malpica

Ese escurantismo que pende sobre o mercado enerxético déixase entrever con meridiana claridade no caso concreto da factura da luz. Segundo un informe realizado pola web Rastreator, o 61% dos galegos considera que entender unha factura da luz na actualidade é moi complexo. De feito, o 83% sostén que estas contan con “demasiada letra pequena”, outra cuestión que dificulta a compresión das tarifas aplicadas. 

O problema sobre a factura da luz, que 6 de cada dez galegos din non poder entender, chega porque o 73% dos enquisados asegura que cambiaría de compañía se isto supuxese un aforro nas súas facturas enerxéticas. Claro que ese seis de cada 10 afirma tamén que nunca comparou tarifas de luz e gas entre diferentes compañías; naturalmente polas dificultades antes apuntadas. 

AFORRO

A análise conclúe que o descoñecemento e o escaso costume de revisar as tarifas enerxéticas aumenta o impacto das mesmas no orzamento dos fogares, máis aínda nun momento de cambios como este que xeran maior incerteza na poboación. En conclusión, un mercado escurantista que, de acordo co informe nomeado, remata afectando nas economías familiares co complexo da súa letra.  

Temas: AFORRO GAS LUZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta