Declarado un incendio nun edificio de oficinas do Concello de Santiago na rúa Galeras

Testemuñas presenciais sinalan que as chamas, visibles desde o exterior, atopábanse na planta baixa das dependencias municipais que están pegadas ao antigo edificio de Fenosa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencia mobilizáronse na tarde deste venres para apagar un incendio declarado no edificio do Rexistro Xeral do Concello de Santiago, na zona de Galeras.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, a primeira chamada para alertar do lume realizouna unha persoa particular sobre as 16,20 horas.

A partir deste aviso, a central de emerxencias mobilizou aos bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil. Tamén acudiu unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias por precaución.

Testemuñas presenciais sinalan que as chamas, visibles desde o exterior, atopábanse na planta baixa das dependencias municipais que están pegadas ao antigo edificio de Fenosa.

Incendio no edificio do Rexistro Xeral do Concello de Santiago.
Incendio no edificio do Rexistro Xeral do Concello de Santiago. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta