Nova marcha en Ferrol en demanda de contratos para Navantia que queda sen traballo en obra nova o xoves

A marcha percorrerá uns 15 quilómetros e partirá o nove de mañá ata Fene, onde se unirán máis traballadores, e continuará pola ponte sobre a AP-9 e cara ao polígono da Gándara, para regresar ao estaleiro ferrolán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CCOO), advertiu de que o vindeiro xoves, 20 de maio, "acábase o buque AOR" para a Armada de Australia e con iso o traballo en obra nova no estaleiro, "que é un dos principais motores de emprego nesta comarca".

Ante esta situación, os traballadores deste sector teñen convocada unha marcha a pé o mércores ao redor dunha parte da ría de Ferrol, ao que instaron a participar tamén "a toda a cidadanía", a quen solicitan axuda para "pedir carga de traballo para a comarca".

A marcha percorrerá uns 15 quilómetros e partirá o nove de mañá ata Fene, onde se unirán máis traballadores, e continuará pola ponte sobre a AP-9 e cara ao polígono da Gándara, para regresar ao estaleiro ferrolán.

García Juanatey estimou que nos últimos meses "perdéronse uns 1.500 empregos de traballadores de industrias auxiliares no estaleiro de Ferrol", aos que se sumarán "outros 300 que están a día de hoxe na finalización do buque AOR".

Os operarios de Navantia Ferrol piden máis carga de traballo
Os operarios de Navantia Ferrol piden máis carga de traballo | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta