Ferido de consideración un septuaxenario tras caer dunha altura de tres metros en Silleda

Chegouse a mobilizar o helicóptero medicalizado, se ben finalmente foi desprazado en ambulancia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Un home duns 70 anos resultou ferido de consideración na tarde deste domingo en Silleda, tras caer dunha altura de tres metros cando realizaba labores de limpeza na súa vivenda. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu no lugar de Ansemil sobre as 18,00 horas, momento no que os servizos do 061-Urxencias Sanitarias chamaron á central de emerxencias para avisar do ocorrido.

De feito, debido á gravidade das feridas que sufrira o home, chegouse a mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atendelo. No entanto, finalmente foi trasladado en ambulancia ata un centro sanitario, segundo relatan a Europa Press fontes da Policía Local, que tamén acudiu ao lugar para prestar apoio ao equipo médico tras ser avisada polo 112.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta