Un cribado en Ponte Caldelas detecta 7 positivos e outro en Cuntis detecta un único positivo

O cribado levado a cabo na localidade de Santa Cruz no municipio coruñés de Oleiros o pasado fin de semana saldouse sen positivos de Covid detectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou sete positivos por Covid-19 nun cribado realizado no municipio de Ponte Caldelas e outro contaxio nun levado a cabo en Cuntis entre o 14 e 17 de maio.

Segundo informou esta área sanitaria, entre os pasados venres 14 e 17 de maio levaron a cabo cribados nos municipios de Poio, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Cuntis e Ponte Caldelas, que revelaron oito positivos por Covid.

Un deles foi un positivo detectado no cribado con PCR realizado entre poboación de 20 a 39 anos en Cuntis o pasado 15 de maio. Esta convocatoria, con máis de 650 citados contou con 390 probas que supuxeron unha asistencia do 59,63 por cento.

Pola súa banda, outro sete positivos detectáronse nos cribados poboacionais entre a poboación de 30 a 64 anos de Ponte Caldelas. Neste caso dos 1.828 citados realizáronse 902 probas entre o 16 e 17 de maio, que supuxeron unha participación do 49,34%.

Pola súa banda, o pasado día 14 levaron a cabo cribados en Poio; así como en tres centros educativos de Caldas de Reis e nun de Vilanova de Arousa, en cuxas probas non se detectaron positivos por coronavirus.

Por outra banda, o cribado levado a cabo na localidade de Santa Cruz no municipio coruñés de Oleiros o pasado fin de semana saldouse sen positivos de Covid detectados. Segundo informou o Concello de Oleiros, a Consellería de Sanidade notificoulle que no cribado participaron 1.979 persoas o fin de semana pasado e non houbo positivos xa que, matiza, "todas as probas realizadas deron negativo".

Cribado / Concello de Abegondo. / Europa Press
Cribado / Concello de Abegondo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta