Por Galicia Confidencial | Edimburgo | 02/11/2013 | Actualizada ás 10:00
Coma miles de novos emigrantes galegos que tiveron que saír do país en busca de novas oportunidades --a pesares que desde as administracións do PP se lle chame "mobilidade laboral" ou "universitaria"--, Antonio Cervera e Ana González estanse abrindo camiño en Escocia no difícil mundo das industrias culturais.
Non foron os primeiros en abandonar Galicia para buscarse a vida, nin serán os últimos. Pero entre as dificultades destes meses e anos, os dous foron quen de poñer en marcha Shrinking Cities (http://expandinglandscapes.wordpress.com/exhibitions/), un proxecto da Universidade de Edimburgo sobre novos urbanismos. Eses novos urbanimos preocupados pola especulación, por movementos migratorios imprescindibles que conlevan rúas baleiras.
O proxecto conta cun ciclo de conferencias e unha exposición comisariada por Cervera e González, que busca alternativas e novas formas de habitar. Nel participan 8 artistas: 5 españois, 1 británico, 1 portugués e 1 artista sueca afincada en Glasgow. Entre eles artistas xa consagrados como Lara Almarcegui, representante no actual pabellón español na Bienal de Venecia, Santiago Cirugeda, coñecida polos seus proxectos arquitectónicos que aproveitan os baleiros legais para beneficiar a comunidade, ou Carme Nogueira, que ala de intimidade, dos límites entre o espacio público e o doméstico.
Inaugurarase o 4 de novembro na ECA (Edinburgh Collegue of Art), un primeiro gran paso que dará lugar a moitos máis, que unirá fronteiras, porque irse da terra dun non significa esquezala, senón extendela como unha tea de araña.
Edimburgo é unha cidade pequena e era imposible non atoparse. Polas súas rúas camiñan a diario dúcias de galegos que decidiron ir á capital escocesa en busca do traballo que Galicia lles nega. E foi nos Meadows, nese parque onde naceu o golf tamén por casualidade, onde estes dous galegos comezaron unha amistade que pronto comezaron a visualizar en proxectos artísticos. Precisamente, tanto Ana coma Antonio proveñen do mundo cultural.
Ana González Chouciño, colaboradora do GC, chegou a Edimburgo fai case tres anos. Despois de cinco anos de precariedade nun centro e arte, decidiu facer as maletas e plantarse nun Edimburgo que poido ter sido calquera outro sitio. Sen demasiados plans, que nunca foron o seu, chegou á cidade de Trainspotting coa idea de buscarse a vida, e descubriu que traballar en Escocia de fregapratos ofrecía unhas condicións laborais moito máis dignas que un posto supostamente cualificado en España. As cousas foron ben e ao pouco tepo empezou a traballar en Viajar por Escocia, empresa escocesa creada por galegos, onde se sentiu como na casa durante dous anos.
Mentres traballaba comenzou a estudiar un master na Universidade de Edimburgo, Arte Moderno e Contemporáneo: historia, comisariado e crítica. Voltou ao mundo da arte ao asumir por fin que o turismo non era o seu, e de que hai vocacións das que non se pode fuxir, a pesar das decepcións.
Antonio Cerva Fontenla é máis que coñecido en Santiago polo seu traballo nas galerías de arte C5 e Factoría, así como na famosa A Chocolataría, que descubriu para moitos unha cidade escondida a través daquel baixo inmenso reconvertido en Espacio de Experimentación e Creación Contemporánea. Pero o noso país xa non está para “perder o tempo” coa arte, e as casualidades o empuxaron tamén a Edimburgo. Comenzou no sector turístico, como non nesta cidade convertida por momentos en parque de atraccións. Pero sucedeulle o mesmo que a Ana e decidiu arriscarse para voltar a un mundo que xa botaba en falta, negándose a crer que
Escocia redúcese só a un castelo de conto e a imaxe xa trasnoitada de William Wallace.
O seu primeiro proxecto, a colaboración en Border Art Trust, unha exposición colectiva xurdida nos límites de Escocia, que rinde homenaxe en terra a uns mariñeiros que se xogan a vida nun mar que sempre quixo ser o mesmo, que ignora fronteiras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.