Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/11/2013 | Actualizada ás 18:00
90 quilos por persoa. 14 toneladas de berberecho ao día. Ese é a marxe coa que traballan os mariscadores da baía da Somme, na Picardía, unha rexión do noroeste de Francia limítrofe con Bélxica.
E parte deste produto vai parar directamente ás conserveiras e depuradoras galegas. Dous ou tres veces por semana saen camións frigoríficos desde Crotoy con dirección a Galicia onde se limpan, cociñan e envasan estes berberechos.
Nesta comarca, con gran tradición marisqueira, non poden vender os mariscos frescos pola clasificación da calidade da súa auga. Por iso prefiren exportalos xa que deben de ser depurados antes de comerse.
Con todo, algunhas familias, como a de Eric Van Oost, teñen unha pequena conserveira na que tamén tratan o berberecho ou o mexillón e queren rivalizar en calidade coas conserveiras galegas. Esta é a súa historia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.