Desaloxado un edificio en Malpica de Bergantiños por culpa dun incendio

Finalmente, os Bombeiros deron por extinguido o lume, pasadas as 17,00 horas e comunicaron ao 112 que resultou afectado un sofá dunha vivenda e tamén a instalación eléctrica do inmoble.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/05/2021 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Un incendio nunha vivenda dun edificio do lugar da Camuza, en Malpica de Berganitños, obrigou ao desaloxo dos veciños do inmoble.

O 112 Galicia foi informado, pasadas as 15,30 horas, de que saía fume por unha xanela e deu aviso aos Bombeiros de Carballo.

Ata alí tamén se desprazou a Garda Civil, que desaloxou o edificio enteiro, e confirmoulle aos xestores do CIAE-112 que todos os veciños estaban ben e que ninguén necesitaba atención sanitaria.

Finalmente, os Bombeiros deron por extinguido o lume, pasadas as 17,00 horas e comunicaron ao 112 que resultou afectado un sofá dunha vivenda e tamén a instalación eléctrica do inmoble.

Ademais, neste operativo, tamén participaron os membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Malpica de Bergantiños.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta