Morre un home de 83 anos e unha muller de 94 con covid

Galicia suma xa 2.417 vítimas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

As autoridades galegas comunicaron este venres outros dous falecementos de persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 2.417 as vítimas mortais vinculadas á pandemia en Galicia.

Sanidade sitúa ambos os falecementos neste xoves 27. Así, faleceu un home de 83 anos no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 94 no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ambos tiñan patoloxías previas.

Urxencias, coronavirus. JCCM
Urxencias, coronavirus. JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta