Sanidade non comunica falecementos de persoas con covid por terceira vez nesta semana

As vítimas mortais da pandemia mantéñense en 2.417.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecementos de persoas con covid-19 por terceira vez nesta semana, polo que as vítimas mortais da pandemia mantéñense en 2.417. Este domingo foi a terceira xornada na que as autoridades sanitarias galegas non notificaron mortes relacionadas coa pandemia, despois de que non o fixesen nin o xoves nin o sábado.

Os últimos óbitos comunicados por Sanidade foron o venres, cando se informou da morte de dúas persoas diagnosticadas de coronavirus que presentaban patoloxías previas. En concreto, a Consellería indicou que ambos os falecementos tivera lugar o día anterior, o xoves, e que se correspondían cun home de 83 anos que morrera no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 94 no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns
Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta