Aprobado o plan de salvamento en praias de Galicia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Comisión Galega de Protección Civil aprobou o plan de salvamento en praias de Galicia, segundo informa a Vicepresidencia Primeira tras unha reunión presidida polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Socorristas
Socorristas | Fonte: Europa Press.

Villanueva presidiu este martes a reunión na que a comisión técnica permanente da Comisión Galega de Protección Civil someteu a informe a revisión do plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga), que se aplica durante case dúas décadas na comunidade autónoma.

O documento foi remitido á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) "para conseguir a máxima difusión e un texto consensuado co que a Xunta pretende previr os accidentes e reducir os riscos nos espazos de baño marítimos e fluviais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta