Detidos os ladróns que xeraron alarma social en Ames tras seis roubos con forza

Eran dous veciños de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto de Milladoiro, no municipio coruñés de Ames, en colaboración coa Policía Local desa localidade detivo a dous homes veciños de Santiago como presuntos autores de seis delitos de roubo con forza en establecementos públicos.

Segundo informou o Instituto Armado, a denominada 'Operación MA&MO' na que se enmarcan estas detencións iniciouse no mes de maio deste ano ante o incremento de roubos con forza nos establecementos da localidade que xeraron "unha gran alarma social na poboación".

Por iso, a Garda Civil investigou os feitos e constatou que os ilícitos foran realizados cun mesmo modus operandi consistente en "elevar mediante o uso da forza a persiana metálica do establecemento, violentando posteriormente a porta de acceso ao local e unha vez no interior subtraer o diñeiro das máquinas rexistradoras", engaden as mesmas fontes.

Tras o estudo da información solicitada, os efectivos das unidades lograron a identificación plena dos presuntos autores, "coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole", destacan as mesmas fontes.

A Garda Civil procedeu á detención destas dúas persoas como presuntas autoras de seis delitos de roubo con forza, que foron postas, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda de Santiago de Compostela, que decretou o seu ingreso en prisión.

Efectos inrtervenidos a dous veciños de Santiago detidos pola Garda Civil por seis roubos con forza en establecementos públicos.. GARDA CIVIL
Efectos inrtervenidos a dous veciños de Santiago detidos pola Garda Civil por seis roubos con forza en establecementos públicos.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta