Estrella Galicia recúa e volve empregar o galego nas súas campañas trala choiva de críticas

A empresa fora sinalada meses atrás por usar o catalán en Barcelona pero o castelán en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Os ollos das redes sociais volven estar postos sobre a cervexeira Estrella Galicia. Desta vez, a coñecida produtora de bebidas alcólicas vén de ser tema de conversa por mor do lanzamento de parte da súa campaña publicitaria en galego; un movemento que supón cambio de rumbo e chega meses despois de ter recibido críticas por anunciarse empregando o catalán en Cataluña pero o castelán en Galicia. 

Cartel de Estrella Galicia en galego
Cartel de Estrella Galicia en galego | Fonte: Twitter - @Cascarelo

A rectificación da compañía vén de quedar plasmada na nova campaña de cartelería disposta pola Comunidade, e que xa foi aplaudidada --se ben con mesura-- por parte de certos internautas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta