O Concello da Coruña retoma en xullo a segunda edición do festival 'Atlantic Pride'

O evento terá lugar o tres de xullo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/06/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O Concello retoma en xullo o "Atlantic Pride" con Marta Sango, Yogurinha Borova, Nenita Danger e Xenon Spain. Será, segundo expuxo na súa presentación a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, un festival con "identidade propia".

Yoya Neira presentou este venres no Teatro Colón, xunto aos organizadores Iván Cervo e César Pérez, a segunda edición do "Atlantic Pride", un evento que formará parte da programación do Orgullo.

A concelleira trasladou o apoio do goberno local á creación cultural e á visibilización do colectivo LGTBI para retomar unha cita, que terá lugar o 3 de xullo, adaptada á situación sociosanitaria actual.

Deste xeito, ofrecerase unha versión máis lixeira e dun único día en que actuarán no Colón Marta Sango, Yogurinha Borova, Nenita Danger e Xenon Spain.

A concelleira de Benestar Social Yoya Neira na presentación do evento 'Atlantic Pride'. ANDY PEREZ
A concelleira de Benestar Social Yoya Neira na presentación do evento 'Atlantic Pride'. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta