A Autoridade Portuaria da Coruña constitúe unha comisión de coordinación para retomar a atracada de cruceiros

Estableceuse un plan de actuación ante posibles incidencias en caso de detectarse positivos ou sospeitosos de Covid-19 durante a escala.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/06/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Autoridade Portuaria da Coruña celebrou a primeira reunión da comisión de coordinación dos operativos de escalas de cruceiros, unha vez aprobada a continuación desta actividade e con vistas a preparar os primeiros operativos, ante as solicitudes recibidas para atracadas durante os meses de verán, segundo informa.

Neste órgano están representadas as entidades involucradas na atención ao buque e os pasaxeiros, como son Sanidade Exterior, Consellería de Sanidade, Capitanía Marítima, Corunna Cruise Terminal e os consignatarios e navieros, ademais da Policía Nacional, a Garda Civil e o Consorcio de Turismo.

A Autoridade Portuaria xa viña realizando reunións técnicas internas para establecer o protocolo de actuación nas escalas e adaptar a normativa xeral ás características concretas do Porto da Coruña. .

En canto ao protocolo, recóllese o aforamento restrinxido na terminal, con instalación de sinais para marcar os itinerarios de movementos e distancia social aos pasaxeiros e tripulantes. Tamén se establecerán medidas especiais de hixiene e todo o persoal que traballa en atención a viaxeiros recibirá unha formación específica sobre a aplicación dos protocolos.

Ademais, estableceuse un plan de actuación ante posibles incidencias en caso de detectarse positivos ou sospeitosos de Covid-19 durante a escala. Para iso instalarase un módulo adicional prefabricado no propio peirao de Transatlánticos, por se houbese que realizar algunha proba, ofrecer unha primeira atención médica ou illar a algún pasaxeiro ou tripulante.

Disney Cruise Line. PORTO DA CORUÑA
Disney Cruise Line. PORTO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta