O Sergas cambiará o sistema de vacinación para os menores de 40 anos con citas voluntarias

Sanidade habilitará unha web a partir do 1 de xullo para que que "os maiores de 18 anos interesados" pidan cita.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prevé empezar en xullo a vacinación contra a covid-19 dos menores de 40 anos combinando o sistema habitual de citación por SMS --desde os máis maiores, de 39 anos, cara abaixo-- cun procedemento de petición de citas voluntarias aberto a todos os maiores de 18 para encher "ocos".

Unha sanitaria vacina contra a covid-19 un home no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi)
Unha sanitaria vacina contra a covid-19 un home no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) | Fonte: Europa Press.

Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante un encontro 'en liña' organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), no que tamén adiantou que o seu departamento habilitará unha web a partir do 1 de xullo para que os pacientes de máis de 18 poidan pedir cita.

Deste xeito, o Sergas terá dous procedementos de chamada paralelos: encher "por defecto" a axenda de vacinación a través de SMS empezando polos pacientes de 39 anos e incluír "ocos polo medio" con aquelas persoas de máis de 18 que pedisen cita voluntariamente.

A previsión é que en xullo se inicie a inmunización dos menores de 40 anos, tendo en conta que esta semana arrincou con carácter xeral en todas as áreas sanitarias a cobertura da década de 40 a 49 anos, a "de máis poboación" en Galicia.

Segundo cifras do conselleiro, constitúen este grupo unhas 400.000 persoas --aínda que "moitas" están xa inmunizadas por ser médicos, profesores ou policías, entre outras profesións-- que "a un ritmo medio de 100.000 vacinas á semana" poderían recibir as dúas doses "a finais de xullo".

Con estas previsións, a idea do Sergas para os menores de 40 é activar dous procedementos paralelos. Por unha banda, xa a principios de xullo encher "por defecto" a axenda de vacinación a través de SMS empezando polos pacientes de 39 anos, mentres que por outra incluiríanse en "ocos polo medio" os maiores de 18 que pedisen cita a través da páxina web.

Así, o Sergas optará por combinar o sistema de citación "forzado" que empregou ata agora --porque é o propio servizo sanitario o que designa o día e a hora de cada paciente-- co de petición voluntaria que empregou o País Vasco para toda a campaña de vacinación. "A idea é combinar os dous modelos", combinou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta