Guggenheim e La Caixa favoritos para quedarse con Novagalicia

O presidente da patronal galega sorprende ao declarar que o gañador da poxa non ten porque garantir a galeguidade. CxG a favor do "Plan Castellano".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/11/2013 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O Estado comeza a última fase da venda a de Novagalicia Banco este martes. Sobre a mesa están as ofertas de catro bancos e polo menos outros catro fondos de investimento internacional.

Nuñez Feijóo e Castellano
Nuñez Feijóo e Castellano

O presidente da patronal galega, José Manuel Fernández Alvariño, sorprendeu esta mañá apoiando que se venda á mellor oferta, incluso se iso significa que os centros de decisión non estean en Galicia.

Os bancos Santander, BBVA, CaixaBank e o venezolano Banesco presentarán ofertas vinculantes a partir de mañá. Tamén o farán os fondos de investimento internacional Anchorage, WL Ross, J.C. Flowers e Guggenheim.

O Guggenheim parte como favorito, pois a actual cúpula do banco prefíreo porque, entre outros motivos, garante que seguirá o mesmo equipo directivo. Segundo confirmaron a GC fontes dos conservadores hoxe,  esta opción norteamericana co visto bo do PPdeG e da Xunta.  Directivos deste fondo mantiveron unha xuntanza co presidente do Goberno Galego este mes para explicarlle o seu plan e o compromiso de manterse no accionariado do banco polo menos cinco anos. 

Mesmo a oposición se pronunciou a favor dunha solución como o Guggenheime que manteña, cando menos a curto plazo, o centro de decisión do día a día no país.  Por exemplo, Xavier Vence, voceiro do BNG, declarou hoxe que os fondos de investimento foráneos supón un "risco" pero pode ser "a opción menos mala" porque daría unha marxe duns cinco anos para tratar de buscar unha saída para que a entidade galega conserve a súa independencia. Por iso sorprende que o presidente da patronal se desmarque agora do guión marcado por Alberto Nuñez Feijóo e Xosé María Castellano.

Foto de presentación dos novos donos dos Los Angeles Dodgers, con Magic Johnson no centro e o CEO de Guggenheim á súa dereita
Foto de presentación dos novos donos dos Los Angeles Dodgers, con Magic Johnson no centro e o CEO de Guggenheim á súa dereita

Apoio ao 'Plan Castellano'

Por outra banda, Compromiso por Galicia apoia o 'Plan Castellano' e aposta pola venda de Novagalicia Banco a un fondo internacional de investimento. Así, o membro da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia, o economista Manuel González cre que é importante “ser realistas ante a situación económica que estamos a vivir” e insiste en que "hai que esixirlle ao FROB que garanta a sede e o emprego de NCG Banco dándolle entrada no capital desta entidade a un fondo de investimento internacional especializado no sector financeiro”. 

 

CxG cre que o“Plan Castellano” é a única maneira de garantir que o centro de decisión fique en Galicia, con todo o que iso conleva en termos de emprego e efectos de arrastre sobre a economía galega e en particular nas cidades de A Coruña e Vigo. De ser vendida polo FROB a unha entidade bancaria española, tal e como semella querer o goberno español e a grande banca con sede en Madrid, NCG Banco pasaría a ser un mero conglomerado de oficinas bancarias cun par de sedes provinciais de terceira fila. 

"O que nós pedimos dende sempre era a galeguidade, é dicir, que o centro de decisión estivese aquí; sempre que o centro de decisión quede aquí é bo, pero isto non é exlcuínte, queremos que Novagalicia sexa mercada polo mellor dos proxectos", declarou tamén Fernández Alvariño en Santiago nun almorzo do Forum Europa.

E cal será "o mellor dos proxectos" na mesa do FROB? Ademais de Guggenheim quen parte a priori con máis opcións é Caixabank (La Caixa). Isidro Fainé xa se reuniu con Feijóo para exporlle o seu proxecto, que garante que Novagalicia Banco conservaría a súa marca e as oficinas de xestión do día a día en Galicia.

Isto é o que máis interesa politicamente ao PPdeG: poder vender aos galegos que o país segue contando cun banco de seu. Aínda que seña só en apariencia, pois, máis alá da marca e da xestión do día a día, o poder final de decisión será dos accionistas, e non hai ofertas galegas sobre a mesa. O sector financeiro galego morreu canda esta crise tras o fiasco das caixas e a absorción do Pastor.

A decision final sobre NGB tomarase antes de catro semanas,  segundo a poxa artellada polo Banco de España.

A Xunta, polo momento, agarda as decisións do banco. Feijóo ten comentado en varias ocasións que non se vai pronunciar ata que non haxa ofertas concretas.

Todd Boehly e Mark Walter nas oficinas do grupo Guggenheim en Nova York
Todd Boehly e Mark Walter nas oficinas do grupo Guggenheim en Nova York | Fonte: J Becker
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Jose

Se deduce de la noticia que si NCG es vendida a una entidad española el centro de decisiones se irà fuera de Galicia y es cierto pero tambien da a entender que si se vende a un fondo extranjero el centro de decisiones quedarà en Galicia, solo porque se comprometen a mantener la inversion y a la actual direccion cinco años. ¿De verdad uds. creen que estos llamados fondos buitres no van a tomar ellos las decisiones?¿Galicia confidencial nos toma por tontos?

1 AgoraosInteresesvanaMadrid

Lo que se deduce es que el presidente de la patronal gallega merece que le pase lo mismo que a quien pide crédito en Galicia y tiene que obtenerlo en Madrid...luego de que Flo. tenta el suyo para el último futbolista. O banco público galego que nin o PP nin o PSOE queren, vai ter que ser a solución. Pero non mentras gobernen eles.

6 TardePias

Alguén debería de ir pensando en crear unha entidade galega, ética e transparente. Terían o meu apoio

5 Cosa Nostra.

Andando polo medio os tabeiróns De Guindos e Castellano era de esperar que os fondos buitres se fagan co mercado inmobiliario a prezo de saldo. Os mesmos que crearon a crise son os seus máximos beneficiarios...en fin.

1 Coruñes

Foi a grande banca española a que creou a burbulla e a que absorveu todalas caixas de aforros, menos NCG que se lles resiste. ese era o plan quedar con todo, e se pode ser en Madrid e Barcelona.

4 vota_cos_teus_dinheiros

Eu já há meses que passei a minha nómina a Caixa Rural de Galicia, a única entidade de crédito que fica na Galiza. Certamente nom tenhem muitas oficinas fora da província de Lugo, mas hoje em dia co banca on-line isso nom supom um grave problema. Polo menos nom para mim.

1 Faceloxordo

+1, pero cando pasen das palabras aos feitos.

3 g4tg

Querían regalar NCG a La caixa por un euro como fixeron coa metade das caixas españolas, o problema é que a xente vai sacar os aforros en masa se lla regalan os catalans, por iso dubidan os nosos "gobernantes" antes de meterse nun novo fregado.