Guggenheim e La Caixa favoritos para quedarse con Novagalicia

O presidente da patronal galega sorprende ao declarar que o gañador da poxa non ten porque garantir a galeguidade. CxG a favor do "Plan Castellano".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/11/2013 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O Estado comeza a última fase da venda a de Novagalicia Banco este martes. Sobre a mesa están as ofertas de catro bancos e polo menos outros catro fondos de investimento internacional.

Nuñez Feijóo e Castellano
Nuñez Feijóo e Castellano

O presidente da patronal galega, José Manuel Fernández Alvariño, sorprendeu esta mañá apoiando que se venda á mellor oferta, incluso se iso significa que os centros de decisión non estean en Galicia.

Os bancos Santander, BBVA, CaixaBank e o venezolano Banesco presentarán ofertas vinculantes a partir de mañá. Tamén o farán os fondos de investimento internacional Anchorage, WL Ross, J.C. Flowers e Guggenheim.

O Guggenheim parte como favorito, pois a actual cúpula do banco prefíreo porque, entre outros motivos, garante que seguirá o mesmo equipo directivo. Segundo confirmaron a GC fontes dos conservadores hoxe,  esta opción norteamericana co visto bo do PPdeG e da Xunta.  Directivos deste fondo mantiveron unha xuntanza co presidente do Goberno Galego este mes para explicarlle o seu plan e o compromiso de manterse no accionariado do banco polo menos cinco anos. 

Mesmo a oposición se pronunciou a favor dunha solución como o Guggenheime que manteña, cando menos a curto plazo, o centro de decisión do día a día no país.  Por exemplo, Xavier Vence, voceiro do BNG, declarou hoxe que os fondos de investimento foráneos supón un "risco" pero pode ser "a opción menos mala" porque daría unha marxe duns cinco anos para tratar de buscar unha saída para que a entidade galega conserve a súa independencia. Por iso sorprende que o presidente da patronal se desmarque agora do guión marcado por Alberto Nuñez Feijóo e Xosé María Castellano.

Foto de presentación dos novos donos dos Los Angeles Dodgers, con Magic Johnson no centro e o CEO de Guggenheim á súa dereita
Foto de presentación dos novos donos dos Los Angeles Dodgers, con Magic Johnson no centro e o CEO de Guggenheim á súa dereita

Apoio ao 'Plan Castellano'

Por outra banda, Compromiso por Galicia apoia o 'Plan Castellano' e aposta pola venda de Novagalicia Banco a un fondo internacional de investimento. Así, o membro da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia, o economista Manuel González cre que é importante “ser realistas ante a situación económica que estamos a vivir” e insiste en que "hai que esixirlle ao FROB que garanta a sede e o emprego de NCG Banco dándolle entrada no capital desta entidade a un fondo de investimento internacional especializado no sector financeiro”. 

 

CxG cre que o“Plan Castellano” é a única maneira de garantir que o centro de decisión fique en Galicia, con todo o que iso conleva en termos de emprego e efectos de arrastre sobre a economía galega e en particular nas cidades de A Coruña e Vigo. De ser vendida polo FROB a unha entidade bancaria española, tal e como semella querer o goberno español e a grande banca con sede en Madrid, NCG Banco pasaría a ser un mero conglomerado de oficinas bancarias cun par de sedes provinciais de terceira fila. 

"O que nós pedimos dende sempre era a galeguidade, é dicir, que o centro de decisión estivese aquí; sempre que o centro de decisión quede aquí é bo, pero isto non é exlcuínte, queremos que Novagalicia sexa mercada polo mellor dos proxectos", declarou tamén Fernández Alvariño en Santiago nun almorzo do Forum Europa.

E cal será "o mellor dos proxectos" na mesa do FROB? Ademais de Guggenheim quen parte a priori con máis opcións é Caixabank (La Caixa). Isidro Fainé xa se reuniu con Feijóo para exporlle o seu proxecto, que garante que Novagalicia Banco conservaría a súa marca e as oficinas de xestión do día a día en Galicia.

Isto é o que máis interesa politicamente ao PPdeG: poder vender aos galegos que o país segue contando cun banco de seu. Aínda que seña só en apariencia, pois, máis alá da marca e da xestión do día a día, o poder final de decisión será dos accionistas, e non hai ofertas galegas sobre a mesa. O sector financeiro galego morreu canda esta crise tras o fiasco das caixas e a absorción do Pastor.

A decision final sobre NGB tomarase antes de catro semanas,  segundo a poxa artellada polo Banco de España.

A Xunta, polo momento, agarda as decisións do banco. Feijóo ten comentado en varias ocasións que non se vai pronunciar ata que non haxa ofertas concretas.

Todd Boehly e Mark Walter nas oficinas do grupo Guggenheim en Nova York
Todd Boehly e Mark Walter nas oficinas do grupo Guggenheim en Nova York | Fonte: J Becker
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 O Pobo contra a mafia

As cartas están marcadas Guggenheim conta con documentación do ministerio de economía que ainda non foi remitida aos outros teóricos compradores. O fondo buitre e especulativo Guggenheim é a aposta do tecnócrata De Guindos que conta co visto bó de Feijóo e Castellanos por mor da sede da fundación, pese ao carácter empírico de nefasto resultado que teñen outras compras bancarias de Guggemheim no estado, como Bancaja Inversiones. Non pasará un dia mais sen retirar as miñas contas e domiciliacións en NCG.

1 Galeguidade?

Os mais indicados para opinar sobre as vantaxes da galeguidade, non son nin os políticos, nin tampouco os extravagantes divos da patronal,...non señor!. Os mais autorizados para emitir xuízo de valor, son os aforradores galegos, especialmente os preferentista, aos que as entidades financeiras xenuínas meteronlles gato por lebre; un desfalco de sete voltas coa colaboración de políticos e empresarios que participaban nos seus consellos de administración e diron por mirar cara outro lado. Xa que logo, mellor deixémonos de fariseismo e de defender agora o que onte secundaron.

1 Nova Orde Mundial

Ben simplón eres se crees que toda este complot para privatizar as caixas (agás catalans, vascas e a banca do PP, Bankia) e regalarllas a banca sionista é todo culpa de 4 consellos de administración. Por culpa da xente coma ti pagan os inocentes.

2 Fausto

Ben certo, seguro que foron os sionistas quen saqueron os depositos dos aforradores. Pon a cabeza a remollo!