O PP ve "moi difícil" atopar consensos coa oposición de cara á reconstrución post-pandemia

"Vai ser moi difícil vendo todo o que se dixo e as propostas que se fixeron nos últimos meses", adianta Puy.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O PPdeG fixo público este sábado a súa proposta de ditame para a comisión de reactivación tras a pandemia da covid-19 do Parlamento galego. Trátase dun documento cunhas 400 propostas e sobre as cales o portavoz dos populares, Pedro Puy, chamou á oposición --BNG e PSdeG-- a alcanzar "consensos".

Aínda que a idea é "seguir dialogando" con nacionalistas e socialistas durante o relatorio, cuxos traballos se estenderán ata o 29 de xuño, de face á aprobación final no último pleno do período de sesións, previsto para os días 13 e 14 de xullo. Con todo, Puy recoñeceu que un acordo "vai ser moi difícil vendo todo o que se dixo e as propostas que se fixeron nos últimos meses".

En calquera caso, tras 25 sesións e 50 comparecencias na comisión, os populares presentaron un documento con 400 puntos repartidos ao redor de sete temáticas: economía, política social, sanidade, educación, cultura, ámbito institucional e igualdade.

A maiores, o portavoz parlamentario do PPdeG --que ostenta a maioría absoluta na Cámara-- explicou que se tratará de chegar a "consensos" na redacción da introdución do documento e no destino dunha partida de 115 millóns de euros prevista nos orzamentos da Xunta para o que determine a comisión.

"Moito dese fondo hai que executalo este ano", sinalou o portavoz popular, quen ademais reivindicou --fronte ás críticas da oposición pola súa escaseza-- que a contía supón "máis recursos que o catro deputacións de Galicia deron en total para axudar á sociedade en plena pandemia".

O portavoz parlamentario do PP de Galicia, Pedro Puy, presenta en rolda de prensa a proposta dos populares para o ditame da comisión de recuperación tras a pandemia da covid-19.. PPDEG
O portavoz parlamentario do PP de Galicia, Pedro Puy, presenta en rolda de prensa a proposta dos populares para o ditame da comisión de recuperación tras a pandemia da covid-19.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta