As vantaxes da filla do alcalde de O Grove nunhas oposicións

É a mellor situada nunha proba da Deputación de Pontevedra da que só quedan tres aspirantes. Está casada co presidente do PP de Ribadumia e concelleiro neste municipio e é filla do acalde de O Grove, Miguel Angel Pérez.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 25/11/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

13,08. Esa é a nota que, polo momento, acadou Alma María Pérez Aguiño, filla do acalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, nunhas oposicións a administrativo convocadas pola Deputación de Pontevedra. 

Aínda quedan tres exercicios pero Pérez Aguiño só ten dous rivais que, curiosamente, teñen un 8,65 e un 6,35, respectivamente. Son os únicos tres supervivintes de 77 candidatos. O resto foron eliminados na segunda proba da oposición

Alma María Pérez é filla de Miguel Ángel Pérez, tamén funcionario e alcalde de O Grove en 1991, mandato que iniciou na oposición e rematou como goberno. En 1999 foi relixido e repetiu en 2003. En 2007 perdeu a alcaldía e foi xerente do Parque de Bombeiros do Salnés, tamén dependente da deputación. En 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG que foi a máis votada obtendo sete concelleiros pero sen maioría absoluta. Miguel Ángel Pérez volveu ser elixido alcalde pouco despois grazas ao apoio dos concelleiros Alfredo Bea (PGD) e Aida Filgueira (AMeca).

Xa traballou na deputación

A candidata a estas oposicións da deputación tamén se benificiou en 2010 dun programa da Xunta de desenvolvemento do comercio asociado en 2010. Previamente, en xullo 2008, xa se candidatara a varios empregos no organismo que dirixe Rafael Louzán, entre eles, aos de director do proxecto Aquelando 2, como técnica de emprego e inserción social, como orientadora laboral, como técnica en formación e axente de igualdade de oportunidades, como téncio de autoemprego e redes locais de emprego, como auxiliar administrativo, como auxiliar de orientación laboral e como auxiliar de inserción social e redes locais de emprego. 

 

En 2012, Alma María Pérez Aguiño traballaba tamén para o organismo provincial como coordinadora da Oficina Provincial de Comercio REDIC e dirixindo a Campaña de Dinamización Comercial "Merca na rúa", unha campaña de dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas da provincia de Pontevedra e repartidos 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas.

Casada co presidente local do PP de Ribadumia

Esta muller está casada con Martin serantes alvarez, concelleiro das áreas de Urbanismo e Medio Ambiente en Ribadumia --concello natal de Rafael Louzán-- e  presidente del PP de Ribadumia. De feito, Serantes substituiu a ex alcaldesa de Ribadumia en 2006 ao fronte do partido tras impulsar louzán unha xestora local. 

É membro da directiva do PP de Pontevedra, tal e como recolle a súa web .Curiosamente, o seu irmán, Luis Serantes Álvarez, --tamén integrante da dirección provincial do PP de Pontevedra--, figura como xefe de gabinete de Presidencia da Deputación de Pontevedra.

O propio Martín Serantes é asesor da deputación e dirixe o bufete de Avogados Bufete Serantes y Gallego que ten traballado, tamén, para o concello do que é concelleiro, o de Ribadumia. En xullo de 2010 defendeu a este municipio nun pleito no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Neste despacho traballa como socio Albeto Gallego Rivera, sobriño do senador e ex alcalde de Vilagarcía de Arousa, José Luis Rivera Mallo. Gallego Rivera tamén se encargou de defender ao concello de O Grove en varios procesos xudicias. o Bufete Serantes y Gallego tamén foi beneficiado, en agosto deste ano, do II plan de práctica laboral da deputación 2013, para mozos titulados universitarios e de formación profesional.

 

Por outra banda, Martín Serantes figura en 2009 como vogal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Xunta, xunto con outros dirixentes do PPdeG, como José Manuel Cores Tourís, Juan Maneiro Cadillo ou Covadonga Salgado Blanco. 

 

A familia de Serantes tamén recibiu varias axudas da Xunta e da deputación. Así, en 2004, o Goberno galego concedeulle una subvención de 135.000 euros para as instalacións da bodega Serantes Álvarez, SL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

6 Hanibal Lecter

5 Arquiveiro

É normal que se dubide de isto, pero tamén pode estar preparada e aprobas as oposicións por mérito propio... acusar sen provas é de parvos e envidiosos!!

1 Remi

Con Louzán polo medio, cheira moi mal. E co do Grove peor. Páganse favores?

4 Manuel P.

Que queimen aos enchufados e aos enchufadores, que ardan que ja vai sendo hora!!!

3 Martin

E inxusto sembrar dúbidas neste caso. A persoa afectada leva mais de dous anos dedicando 7 horas a estudiar nunha acedemia de formación en Pontevedra, deixando de ver ás suas cativas da mesma idade. Enorme sacrifio feito, e merecedor de superar as probas. Por certo, só se presentaron 18 persoas ó examen, dos 80 convocados. Non existe enchufe. Hay enorme sacrificio e méritos sobrados

1 Carla

Hahaha!!!

2 Carqueixa

Se estivera estudando 7 horas diarias e tivera un pouco de dignidade, e tamén suficiente intelixencia, non se presentaba a un organismo inútil, baixo sospeita de caciquismo e refuxio de chupóteros; houbérase presentado a calquera outra que hai no Estado, ou incluso en Galicia, e tería o reconocemento da sociedade e sobre todo sería unha persoa digna. Ah, e caso de aprobar, estudando esas horas diarias seguro que aprobaba, faría un labor axeitado e socialmente útil.

3 non me tomes o pelo

Martin... menudo traballiño estás tendo. Cantos comentarios defendendo á túa muller con diferentes nomes!

4 Funcionaria

Si, si, 7 horas nunha academia estudiando, di o nome da academia que moitos opositores dos que lle adican 12 horas a preparar unha oposición estarían encantados de coñecela para poder sacar unha oposición a primeira vez que se presentan. E que segura ten que ter a praza de administrativo para non presentarse aos exames de auxiliar que foron o xoves.

2 Ramón

Vergonzoso. Una pena que no habléis nunca de los masivos enchufes del socialista Abel Caballero en Vigo y sus chirinquitos

1 oterillo

te debería dar vergüenza no criticar el enchufismo venga de donde venga lo que pasa es que tu también seras enchufado del pp a que si

2 Ramón

No estoy enchufado en ningún sitio. Critico el enchufismo venga de donde venga. El problema es que aquí sólo se critica el del PP. ¿Eres tu un enchufado de Abel Caballero?

3 oterillo

no yo a diferencia de ti me gane mi trabajo con mi esfuerzo tu eres un enchufado y desas que enchufen a tus hijos a que si

4 Manolo e amón

O noxento españolismo de ...e ti mais. Ben sabido é o enchufismo e corrupción do SOE (partido que os dirixente do Partido Pobre decían que había que resucitalo porque era esencial para o bó funcionamento do sistema) pero é normal que o PP sexa o mais criticado (agás na maioria de medios afins) porque entre todos os grupos destacan por ser con diferenza os mais corruptos e enchufistas.

5 Carqueixa

Verás, Ramón, acá en Ourense, dende que entrou o bipartito no 2007, Psoe e Bloque, hai 103 funcionarios interinos. O proceso e igual que fai o Baltar na Deputación, o que máis puntua e a entrevista final. Non cho digo por dicir, se queres mándoche a lista coas datas que entraron e nomes. A maioría son do Psoe aínda que hai algún que outro do Bloque, e por suposto do PP.