Galicia adianta a segunda dose de AstraZeneca a maiores de 60

O adianto anúnciase cando os indicadores da campaña de vacinación indican que o grupo de idade entre os 60 e 69 anos vai con máis atraso que outros.

Por Galicia Confidencial | | 17/06/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Galicia, xunto con Madrid e Andalucía, anunciaron que adiantan a segunda dose da vacina de AstraZeneca aos maiores de 60 anos, programada inicialmente 12 semanas despois da primeira picada. Deste xeito, Galicia vaino facer na semana 11.

Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19
Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19 | Fonte: Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press.

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, sinalou o luns que é "perfectamente válido" adiantar a segunda dose de AstraZeneca a maiores de 60, pero non pola variante delta, que por agora "non está a ocupar un espazo importante en España".

A variante delta, maioritaria nestes momentos en India e Reino Unido, representa en España menos do 1 por cento dos novos casos, mentres a alfa (británica) vai perdendo terreo e nalgunhas comunidades supón menos do 70 por cento, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade sobre variantes.

En Galicia, as autoridades sanitarias explicaron que a decisión de adiantar a segunda dose de AstraZeneca non afectará os menores de 60 vacinados con este preparado (colectivo formado por profesións esenciais), para os que se ampliou o prazo para a segunda picada até as 16 semanas.

O adianto anúnciase cando os indicadores da campaña de vacinación indican que o grupo de idade entre os 60 e 69 anos vai con máis atraso que outros, como os maiores de 50 anos, que reciben vacinas que necesitan menos tempo de espera entre picadas (Pfizer e Moderna, que requiren 3 e 4 semanas respectivamente) ou son monodosis (Janssen).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesma

Pois non sei a quen vacinarían na semana 11. A 3 de xullo, miña nai vai pola semana 14 de espera desde a 1a dose e por máis que chama a ducias de tlf de información, aínda non teñen nin a máis remota idea de cando a van chamar pra 2a dose. Parece que que se trata, máis ben e unha vez máis, de propaganda enganosa por parte de Galicia Dixital e autoloubanzas por parte de Comesaña e Feijóo.