O Concello e a Deputación da Coruña participarán na feira de turismo cultural de Málaga

Inés Rei destacou o vínculo "picassiano" que Málaga e a cidade herculina gardan.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/06/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e a Deputación provincial son dúas das institucións convidadas á primeira edición da feira CM Málaga, que se desenvolve do 21 ao 22 de xuño, un evento ao redor do papel dos museos e institucións culturais na transformación das cidades. Ambas as institucións promocionarán os recursos de turismo cultural do territorio e presentarán un produto novo sobre a figura de Pablo Picasso, 'A ruta Picasso'.

A alcaldesa, Inés Rei, destacou o vínculo "picassiano" que Málaga e A Coruña gardan, irmás desde o ano 2013 na memoria do artista, e sinalou que "ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño".

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou que "nunha cidade como Málaga e nun proxecto como este dedicado a museos e centros de arte e o seu impacto nas cidades consideramos de especial interese que estea presente o Concello da Coruña, para presentar os novos produtos turísticos relacionados co artista".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta