Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2021 | Actualizada ás 15:41
Este verán tomar o sol ou gozar da praia será moi semellante á situación que se viviu hai un ano; o máis probable é que teñamos que ter a máscara de complemento xunto co bañador, especialmente, nas praias urbanas ou nas que hai gran afluencia de xente.
E é que o novo decreto anunciado polo Goberno galego este mércores obriga ao uso da máscara en espazos públicos nos que non se garantice unha distancia mínima de metro e medio. Unha distancia que, nalgunhas praias galegas, non se pode cumprir.
Por iso, o presidente galego alertou este xoves que, principalmente, que a xente que goce da praia tamén deberá levar máscara agás se toma un baño ou está tomando o sol nun lugar fixo. "Unha situación que pode afectar ás praias urbanas onde igual esta distancia non se pode cumprir", avisou. Algo que non acontece, precisou, "na maior parte" dos areais galegos nos que non hai amoreamento de xente.
O mesmo acontecerá na práctica do deporte. A situación non variará con respecto á situación actual xa que os deportistas terán que usar a máscara se non está garantida unha distancia mínima de metro e medio. Por iso, Feijóo destacou que en cidades ou lugares concorridos o seu uso será obrigatorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.