Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2021 | Actualizada ás 15:39
Os contaxios de coronavirus en Galicia relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca ascenden xa a 70, segundo informou este sábado a Consellería de Sanidade.
Sanidade activou protocolos de probas, corentena e rastrexo respecto de alumnos de polo menos 11 centros educativos de Galicia en diferentes áreas, os cales confirmaron viaxes a Baleares dos seus estudantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se recollen as indicacións que deben seguir estes estudantes, en función da data na que viaxasen.
A Xunta tamén explicou que serán as respectivas áreas sanitarias as que xestionarán as citas para a realización de probas PCR a estas persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.