A Xunta inicia un expediente sancionador á mineira de Santa Comba por "sondaxes ilegais"

A Asociación Petón do Lobo trasladara unha denuncia á Xunta logo de ter coñecemendo de que a empresa sueca EuroBattery Minerals estaba desenvolvendo actividades na zona de Castriz co obxectivo de analizar o terreo de cara a un proxecto mineiro de cobre, níquel e cobalto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Xunta de Galicia vén de inciar un expediente sancionador á empresa mineira sueca EuroBattery Minerals, que desenvolve proxectos en Santa Comba, por sondaxes ilegais. A raíz dunha denuncia presentada pola Asociación Petón do Lobo ante a Delegación Territorial da Coruña, a Xunta remitiu un comunicado no que se indica que se iniciou o "correspondente expediente sancionador" e se "ratificou a suspensión dos traballos" despois de realizaren unha visita de inspección á zona afectada de Castriz e comprobar que efectivamente se estaban desenvolvendo sondaxes, "supostamente por Corcel Minerals SL".

Mina de Varilongo, en Santa Comba
Mina de Varilongo, en Santa Comba | Fonte: OGolpe en es.wikiloc.com.

Hai poucas semanas que a asociación ecoloxista alertou de que a empresa sueca viñera de anunciar sondaxes sobre as terras de Santa Comba e Coristanco, sen contar coas preceptivas autorizacións por parte da Xunta de Galicia. “A mesma empresa anunciou aos seus inversores da bolsa de Estocolmo que retomaría a actividade neste mesmo mes de xuño”, apuntaban dende a plataforma.

O obxectivo da empresa Eurobattery Minerals AB pasaría logo por estudar a composición de máis dun quilómetro de chan para comprobar a existencia de minerais e analizar as posibilidades de explotación a ceo aberto para comezar un proxecto mineiro de cobre, níquel e cobalto que, segundo denuncia a asociación, podería chegar a danar de forma irreversible  zonas “de altísimo valor ecolóxico” como a coñecida Braña da Serra.

SEN PERMISOS

Segundo expón Petón do Lobo, a empresa xa desenvolvera ao longo do pasado ano unha serie de sondaxes "realizados de forma ilegal", posto que non contaban con proxecto de restauración nin con estudo de impacto ambiental. A pesar, indica a asociación, de que "a súa afección aos acuíferos poden causar alteracións no nivel freático nunha zona húmida moi sensible”. Desde o coletivo ecoloxista apuntan que se trata de sondaxes inclinadas, de modo que aínda que a campaña se estivera facendo sobre parcelas de superficie no concello de Coristanco, estas son contiguas ao concello de Santa Comba, e afectan en profundidade tamén a este concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta