Pescanova: análise de urxencia

* A débeda de Pescanova equivale xa á metade do orzamento de Galicia en 2013

Por Valentin Carrera | Compostela | 11/12/2013

Comparte esta noticia
As noticias cada vez peores sobre Pescanova van subindo escalóns nos medios de comunicación e cada detalle que se confirma ou amplifica arroxa unha pada máis de terra sobre o cadáver quente da multinacional de Chapela, cuxos refugallos se disputar as quenllas financeiras desde Cataluña e Luxemburgo. A débeda ascende xa a 4.200 millóns: ¡a metade do orzamento de 8.479 MM. da Comunidade Autónoma Galega en 2013!.
 
Na Galicia oficial, silencio absoluto sobre o desmantelamento da que eles mesmos dicían era a primeira empresa galega. Nin unha soa palabra sobre a conduta do Galego do Ano, Manuel Fernández de Sousa, baixo a lupa do xuíz Ruz e do fiscal anticorrupción. Non se escoitou ao presidente Feijóo, nin a outros destacados dirixentes políticos, un só reproche cara os que converteron o Titanic nun chapapote financeiro. O asunto nin sequera entrou seriamente a debate no Parlamento, onde a deputada Carme Adán acumula varias preguntas sen resposta.
 
As preguntas sen resposta no Caso Pescanova son cada vez máis e apuntan cada vez máis alto. Nada se sabe da esixencia de responsabilidades por parte da CNMV; o Alcalde de Vigo se fai fotos, igual que Feijóo, coa nova cúpula e cala, coma se Urgoiti fose o salvador da patria conxelada e non o enterrador a soldo que fala catalán na intimidade e encarga de novo a auditoría a BDO, a auditora cega, xorda e muda durante dez anos, imputada polo xuíz Ruz. ¿Consinte isto a Xunta de accionistas, os bonistas, os minoritarios que perderán todo, o propio xuíz Ruz, o xuíz mercantil de Pontevedra?.
 
Luxempart, que aínda non aclarou as súas relacións secretas con Sousa aparcando accións, aspira a quedarse coa empresa a medias con Carceller, outro presunto delincuente ao que a Audiencia Nacional ten no punto de mira por evasión e branqueo de capitais. ¿Estes dous son os salvadores de Pescanova?.
 
Eles propagan o rumor dunha condonación de débeda de 2.900 millóns: a Banca –a mesma que esmaga aos máis débiles- volveuse tola ou xenerosa con diñeiro alleo, a fin de contas o rescate bancario, incluído o de Pescanova, pagámolo os cidadáns, mentres os case 2.000 millóns que faltan na caixa rinse de nós nos paraísos fiscais documentados no sumario. Que aínda non esté ninguén no cárcere por esta estafa, que supera xa ás de Banesto e Rumasa, é incomprensible: a medida que saen datos novos é evidente o entorpecemento ao labor da Xustiza, a ocultación de probas e a alarma social.

Valentín Carrera é autor do libro de investigación “Pescanova Crimen Perfecto”

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].