O conselleiro de Sanidade, preocupado pola evolución da pandemia: "A desescalada está en perigo"

Comesaña insiste en que os mozo se contaxian e tamén ingresan nos hospitais: na UCI hai dúas persoas de 30 e 38 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lanzou este mércores un chamamento á responsabilidade co foco nos mozos e, á vez que anunciou as novas medidas adoptadas tras a reunión do comité clínico, constatou a súa preocupación pola evolución da pandemia en Galicia. "A desescalada está en perigo", sentenciou.

"É o risco de ir dando pasos na desescalada. Non tiñamos pensado dar marcha atrás, pero cando hai que facelo tomamos medidas", esgrimiu, nunha rolda de prensa na que, acompañado doutras autoridades sanitarias da comunidade, anunciou que se precintarán zonas de botellón e, aínda que se manterá o lecer nocturno (ou se poderá reabrir) en municipios en nivel medios de restricións, esixirase unha proba diagnóstica recente ou o certificado completo de vacinación.

De feito, o conselleiro lanzou a advertencia de que "as persoas máis novas" non só se contaxian como o resto, senón que a súa situación, en ocasións, tamén require ingreso hospitalario. Así, relatou que en Galicia hai persoas de 29, 31 e 34 anos en planta, e dúas de 30 e 38 anos, respectivamente, que están en UCI.

"A vacina non exime de coller o virus. Ningunha vacina ten o cento por cento de efectividade contra a covid-19. Insistir en que os vacinados teñen que cumprir as normas", esgrimiu o conselleiro, antes de insistir en que, ademais, a doenza pódelles provocar unha situación sanitaria grave.

Máis aló, na rolda de prensa, non só o conselleiro senón tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o doutor Pedro Rascado, membro do comité clínico e especialista en medicina intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), insistiron en chamar aos mozos a participar nos cribados.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA E ASISTENCIAL

Durán tamén se encargou de analizar o detalle da situación epidemiolóxica, que está a experimentar un incremento tanto na súa incidencia acumulada como en taxa de positividade.

Así, explicou que a incidencia a 7 días en Galicia é de 62 casos (polos 155 de media do Estado), e que os 14 días é de 98 casos (polos 225 da media nacional).

Durante a súa intervención, explicou que 124 concellos non declararon ningún novo caso covid nos últimos 14 días, e que, outros 143 municipios, tampouco o fixeron nos últimos 7 días.

A taxa de positividade en Galicia sitúase en 4,6%, "un incremento substancial", advertiu a responsable de Saúde Pública, ao practicamente duplicarse desde hai unha semana, cando se situaba no 2,51%. Ningunha área está xa por baixo do 3% de positividade.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, repasou niveless ocupación dos centros sanitarios galegos. Neste sentido, indicou que a variación semanal foi leve, máis aló do incremento de novos casos activos que se atopan en domicilio.

Iso si, do mesmo xeito que o conselleiro, incidiu no descenso da idade das persoas que están a ingresar nos circuítos respiratorios dos hospitais galegos.

Comesaña e outras autoridades sanitarias na rolda de prensa do comité clínico.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press
Comesaña e outras autoridades sanitarias na rolda de prensa do comité clínico.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta