Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2021 | Actualizada ás 21:00
A artista Bebe será unha das protagonistas do ciclo Solpores no Lagoeiro, que ofrece concertos durante os meses de xullo e agosto na Estrada. A cantante de Extremadura chega a Galicia coa súa xira Reconstrución 2, coa os que os seus fans poderán escoitar temas do seu disco "Cambio de piel" (2016) e temas novos que compuxo dende entón.
Bebe, recoñecida pola súa canción protesta, naceu en Valencia, mais criouse en Extremadura. A súa vida estivo rodeada de música e o seu primeiro disco foi Pafuera telarañas, publicado no 1004. Tamén ten carreira como actriz, pois estudou arte dramático en Mérida e participou en películas como La educación de las hadas (José Luis cuerda) ou Caótica Ana (Julio Medem). Recentemente colaborou con Laura Pausini no tema "Verdade a medias".
Agora a Estrada acollerá á artista, gañadora dun Goya e un Grammy Latino á Artista Revelación, que actuará o vindeiro 15 de xullo na Casa do Lagoeiro. Polo lugar, dentro do ciclo de concertos, xa pasaron artistas como Rosa Cedrón e David Otero e nas vindeiras semanas sumaranse Davide Salgado, La Bien Querida, Escuchando Elefantes eCafé Quijano, entre outros.
Solpores no Lagoeiro é un ciclo que ofrece concertos que fusionan música e gastronomía ao tempo que dinamizan o entorno rural, apostando por eventos máis íntimos nos que a proximidade cobra relevancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.