Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 19:49
A Consellería de Sanidade non notificou falecidos con coronavirus este venres, polo que é o segundo día consecutivo sen novas vítimas. Deste xeito, o total de mortos con covid desde o inicio da pandemia mantense en 2.439 en Galicia.
Unha muller de 38 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) foi o último óbito comunicado --o mércores-- en relación coa pandemia por parte da Xunta.
Foi a quinta vítima da pandemia en Galicia que ten menos de 40 anos. Esta muller presentaba patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.