GC Aberto

O que esconden os indultos

Por admin | GCAberto | 12/07/2021

Comparte esta noticia

O PSOE, tras a vitoria de ERC no campo independentista, abandona a lóxica do 151 e entra en escea coa proposta de indultos aos líderes, presos, do 1 de outubro. Esta decisión provocou unha fractura na sociedade española, orixinando múltiples reaccións: algúns (PP, VOX, Ciudadanos), ao principio, incapaces de ver a operación política que estes indultos agochan, opóñense visceralmente; outros (empresas, igrexa, sindicatos), cunha visión pragmática de España, apóianos sen fisuras. Os primeiros, vendo o posicionamento dos segundos, estamos seguros de que comprenderon a importancia desta manobra da España pragmática; pero, con todo, seguen co seu discurso, porque, no caso de que este pacto oculto chegue a bo porto, saben que haberá PSOE por un tempo. Hai unha lei de política que todo xestor do público debería coñecer: "cando xorde o novo (a loita pola independencia de Cataluña), dentro dela, sempre aparece a divisió". Unha parte é fiel ao obxectivo do movemento e outra, cando o Estado se presenta e reprime, entra na lóxica do opresor, no canto de retroceder, confesando a súa debilidade. Vexamos o que está baixo esta operación: estamos convencidos de que existe un pacto coidadosamente deseñado entre PSOE e ERC, como alternativa á demanda popular de independencia. Isto traduciríase nun Estatuto para Cataluña, sometido a referendo, que, polo menos, contén o novo que levaba o vello "cepillado". Analicemos a posta en escena da obra xa escrita noutros lugares.

Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés
Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés

O vello discurso de ERC, que agora, estando no goberno, agocha, dicía: Somos independentistas; pero, neste momento, a independencia non é posible só co 50% dos votos. Temos que traballar para que 2 terzos dos cataláns estean a favor diso. Mentres tanto, apostamos polo posible: novo estatuto con referendo. Na nova situación, o PSOE é o encargado de facer emerxer o pacto, a través dunha serie de síntomas. Iceta fala dun estatuto refrendado. Zapatero e Almunia comparten a mesma idea. Non obstante, ERC xoga ás agachadas, mostrando a súa cara aparentemente independentista (amnistía, referendo de autodeterminación e visitas a Puigdemont). Esta táctica de camuflaxe dilatoria ven obrigada pola necesidade de manter o goberno de coalición durante un tempo para desactivar a presión popular e transformala gradualmente en apoio a este proxecto. ERC confía en que o peche do Goberno español na mesa de negociación convencerá á xente de que, polo momento, non é posible ir máis alá dun novo Estatuto. Por riba do que esconde o pacto (o político como artesanía do posible), temos que dicir que, se a política é a arte do imposible, confiamos na loita de Cataluña pola autodeterminación e a independencia e non nos pactos ás costas da xente.

Nicolas Xamardo González.

Prof. Honorifico da UPV/EHU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta