Galicia non notifica falecidos con coronavirus por terceiro día consecutivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non notificou falecidos con coronavirus este sábado, polo que é o terceiro día consecutivo sen novas vítimas. Deste xeito, o total de mortos con covid desde o inicio da pandemia mantense en 2.439 en Galicia.

Unha muller de 38 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) foi o último óbito comunicado --o mércores-- en relación coa pandemia por parte da Xunta.

Foi a quinta vítima da pandemia en Galicia que ten menos de 40 anos. Esta muller presentaba patoloxías previas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta