Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 12/07/2021 | Actualizada ás 09:00
O acto estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, e contou tamén coa intervención do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e da vogal do C.R.D.O. Valdeorras, Araceli Fernández.
Araceli Fernández, destacou que “o síntoma máis evidente de que o sector vitivinícola valdeorrés goza de boa saúde é que cada vez son máis os viticultores que apostan por realizar novas plantacións no noso territorio amparado. Así o amosa o aumento que se produciu nas hectáreas de viñedo cultivado nos dous últimos anos e así se evidencia tamén polas solicitudes que se fixeron para plantar novas terras de cara aos vindeiros meses”.
PREMIOS
Un total de 19 adegas con 59 referencias distintas participaban nesta edición Cata, que tivo lugar nas instalacións do Consello Regulador a semana pasada.
Estes son os resultados da XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras:
Viños brancos
1º Premio- A Coroa Godello de Adega A Coroa S.A.T.
2º Premio- Viñaredo Godello de Bodega Santa Marta S.A.T.
3º Premio- Godeval Godello Cepas Vellas de Bodega Godeval S.A.T.
Viños tintos
1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos S.L.
2º Premio- Maruxa Mencía de Virgen del Galir S.L.U.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.
As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para Pedrazais Godello 19 de Adega Alán S.A.T., no caso dos brancos, e Joaquín Rebolledo Barrica 19, no caso dos tintos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.