A tecnolóxica de comunicacións Tiekom planea situarse en Ourense

A compañía de comunicacións e contidos ofrece os seus servizos a cidadáns europeos residentes en España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A compañía tecnolóxica Tiekom estuda situar en Ourense a súa rede de servizos, unha posibilidade que o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar; o CEO da citada empresa, Carlos Díaz; e o consultor de Zin Capital, Vicente Martín, analizaron. Baltar recibiunos no Pazo Provincial, onde comentaron a estratexia que está a estudar a compañía para instalar na cidade das Burgas a súa rede de servizos.

Tiekom é un provedor de servizos de comunicacións e contidos, que dirixe principalmente o seu mercado a cidadáns europeos que residen en España de maneira permanente ou por longas tempadas. Dispón ademais da maior oferta de conectividade e acceso a Internet, tal e como indicou a Deputación nun comunicado.

O presidente provincial destacou a "aposta" do ente provincial no ámbito da innovación tecnolóxica e o seu labor por levar a Ourense "empresas de alto valor tecnólogico como Viewnext --filial de IBM--, que desenvolve o seu labor no 'Edificio Intelixente', grazas á colaboración entre a Deputación e Abanca".

Baltar remarcou tamén a iniciativa de que a capital ourensá conte o próximo curso co Centro de Innovación da Formación Profesional de Galicia, "unhas instalacións que serán un referente para o ensino de Formación Profesional en Galicia e no Norte de Portugal". Á súa vez, subliñou a previsión de reforzar o Parque Tecnolóxico de Galicia --'Tecnópole'--, iniciativa que se enmarca na estratexia 'Provincia Intelixente' da Deputación de Ourense.

No comunicado, o ente provincial remarcou a súa "idea" de transformar Ourense nun "hub tecnolóxico" mediante "o asentamento de empresas de diferentes sectores e propiciando o networking, o intercambio de iniciativas e proxectos, así como a procura de socios de negocio e investidores".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese co CEO de Tiekom, Carlos Díaz , e o consultor de Zincapital, Vicente Martín.. ALBERTE PAZ GARZA
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese co CEO de Tiekom, Carlos Díaz , e o consultor de Zincapital, Vicente Martín.. ALBERTE PAZ GARZA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta