Ter a casa limpa, a chave para conseguir aumentar as ganas de sexo dos galegos

Un estudo realizado pola compañía Las 3 Brujas indica que en Galicia se lle dedican 8,4h/semana á limpeza do fogar, sendo un 56% máis felices cando está libre de sucidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

As consecuencias dunha casa limpa e ordenada poden parecer evidentes, aínda que o seu impacto ten unha maior transcendencia da que se estimaba ata agora. Un estudo realizado pola compañía Las 3 Brujas avala a relación entre a orde e a limpeza co benestar físico e emocional, demostrando que a limpeza ten un impacto en aspectos tan variados como na propia actividade sexual.

exaculación, sexo, sexualidade, amor
exaculación, sexo, sexualidade, amor

O estudo realizado entre dúas mil persoas a nivel nacional revela que, de media, os galegos dedican 8,4 horas semanais a limpar o seu fogar. "En termos xerais comos máis felices cando temos a casa libre de calquera tipo de sucidade. No caso dos galegos, son un 56% máis felices canto teñen a casa limpa", afirma o Director Xeral de Las 3 Brujas, Antonio Frutos.

Porén, ter o fogar limpo non só impacta no benestar e na felicidade, senón que tamén incrementa outros aspectos como a frecuencia cas que se teñen relacións sexuais. Cando a casa está limpa e ordenada, a relación de parella mellora nun 47% e as ganas de sexo nun 46%.

Ademais, a chegada da pandemia fixo que cambiaran de forma considerable os hábitos de limpeza do fogar. A importancia concedida á limpeza aumentou un 52%, mentres que a relevancia á hixiene e á desinfección incrementouser un 55%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta