As Tanxugueiras abrirán a primeira edición do festival Festifolk de Mazaricos

É unha feira de artesanía e pequeno comercio que porá en valor os produtos de proximidade e dará pulo á economía local.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O vindeiro 7 de agosto o Concello de Mazaricos organiza a primeira edición do Festifolk, unha feira de artesanía e pequeno comercio que porá en valor os produtos de proximidade e ofrecerá a toda a veciñanza e visitantes un día de lecer no recinto feiral. A celebración evocará no mundo rural tradicional, tanto na decoración como na temática.

Tanxungueiras no seu novo single, Figa - cedida
Tanxungueiras no seu novo single, Figa - cedida

O Festifolk incluirá, ademais dun concerto do grupo Tanxungueiras, unha exposición e venda de comercio local e artesanía, obradoiros e demostracións da artesanía e da música local. Para os máis pequenos haberá inchables no exterior do recinto. Entre as persoas que compren na feira sortearanse, a través de rifas, tres cestas con produtos por un valor total de 100 euros cada unha delas.

Para o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Sanmartín Rial, este evento é unha oportunidade para que o comercio local e os artesáns de Mazaricos e a súa contorna dean a coñecer o seu produto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta