A Xunta reclama máis vacinas: "Canto antes se vacine á xente máis nova, pois moitísimo mellor"

O vicepresidente galego puxo o foco nos brotes de covid-19 que levan en aumento nas últimas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou este luns máis vacinas contra a covid-19 porque, aínda que o Sevizo Galego de Saúde continúa co sistema por franxas de idade, considera que "canto antes se vacine á xente máis nova, pois moitísimo mellor".

Así o manifestou en declaracións aos medios tras reunirse en Santiago cos conselleiros de Turismo de comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño de Santiago, unha cita á que tamén asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Seguimos mantendo o mesmo que dicimos estes días: se tivésemos máis vacinas dende logo poriamos moitas máis", recalcou Rueda.

Ademais, o vicepresidente galego puxo o foco nos brotes de covid-19 que levan en aumento nas últimas semanas, polo que subliñou ser "conscientes" de que "canto antes" se poida vacinar aos mozos, "pois moito mellor".

"Reclamamos máis vacinas coa garantía e o ofrecemento desde Galicia de que todas as vacinas que nos cheguen serán inmediatamente administradas", sentenciou Rueda.

Vacinas contra a covid-19.
Vacinas contra a covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta