Convocado un novo cribado en Sanxenxo para persoas de 16 a 35 anos durante este xoves e venres

As persoas interesadas que queiran acudir a este cribado, deben de anotarse canto antes e como máximo ata 24 horas antes, na ligazón https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx?crb=5.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, en colaboración co Concello de Sanxenxo, decidiu organizar un novo cribado para detectar posibles casos de Covid-19 nesta localidade para persoas de 16 a 35 anos.

Segundo informou o Concello, este cribado terá lugar o xoves 22 e o venres 23 en horario de 9,00 a 20,30 horas na sala Nauta. Ademais, as mesmas fontes destacan que nesta ocasión amplíase a marxe de idade, así que en lugar da partir dos 18 anos como se fixo a semana pasada en Baltar, convócase a calquera veciño ou visitante entre os 16 e os 35 anos, "que é o tramo de idade con menos índice de vacinados e onde se está producindo unha importante escalada de casos positivos", engaden.

Os interesados que queiran acudir a este cribado, deben de anotarse canto antes e como máximo ata 24 horas antes, na ligazón https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx?crb=5.

A semana pasada o Sergas citou a 1.500 veciños no centro de saúde de Baltar para facerse a proba. Deles presentáronse 756, unha cifra "aínda insuficiente", resaltan as mesmas fontes municipais, aínda que superior ao que se observa noutros lugares. Detectáronse 38 positivos, todos eles asintomáticos, polo que, subliñan as mesmas fontes, "grazas á proba agora son conscientes da súa situación e poderán evitar contaxios a familiares e amigos".

O Concello de Sanxenxo solicita "encarecidamente" a veciños e visitantes comprendidos entre os 16 e os 35 anos e que non fosen vacinados que utilicen esta nova oportunidade de cribado para realizar o test que lle permita coñecer a súa situación e actuar en consecuencia para non prexudicar á súa contorna e a eles mesmos.

Na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ademais do cribado de en Sanxenxo, este luns están citadas 800 persoas de 18 a 35 anos das localidades de Pontevedra, Poio e Marín no Covid auto do Hospital Provincial.

Ademais, desde este martes, 20 de xullo, e mércores 21 estará dispoñible o sistema de autocita, destaca esta área sanitaria, para cribados en Fexdega, en Vilagarcía, para persoas de 16 a 35 anos. Neste caso o rexistro pódese realizar a través de https://coronavirus.sergas.gal/cribado/rexistro.aspx.

SANTIAGO E BARBANZA

Por outra banda, a área Sanitaria de Santiago e Barbanza comeza na tarde deste luns un cribado no Hospital de Conxo con mil citacións de entre 5.000 mozos de entre 16 e 29 anos.

Tamén na área compostelá comezan os cribados este luns no Covid auto do Hospital Clínico a persoas que se inscribiron no sistema de autocita do Sergas.

Cribado .. SERGAS
Cribado .. SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta