Sanidade no rural: "hoxe non hai un só médico no centro de saúde"

Monfero mobilízase para pedir que cubran a praza dun facultativo xubilado meses atrás. "Non podemos estar desatendidos", censuran.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Veciños de Monfero concentráronse este xoves ás portas do centro de saúde desta localidade para pedir que se cubra de maneira permanente a praza dun dos médicos do ambulatorio, xubilado a mediados de maio.

Os monferinos, que desde hai semanas recollen firmas para pedir unha solución, lembran que o municipio é moi extenso e a súa poboación, "envellecida". "Ademais", explicou Luz Tojeiro, unha das portavoces dos veciños, "moitos deles son dependentes, polo que se a médica ten que saír a atender a un deles, o centro queda sen facultativo".

Tojeiro afirma que tras a xubilación dun dos dous médicos que atenden o centro do municipio, a área Sanitaria de Ferrol puxo un reforzo dous días á semana durante unhas horas, pero "esa medida apenas durou unhas semanas".

REFORZO ATA XUÑO

Así, a mediados de xuño, sinalou, "deixaron de enviar ese reforzo", e quedou só un médico. A isto sumar, apunta, que a facultativa do ambulatorio está de vacacións e, "de feito", engade, "hoxe, por exemplo, non hai ningún". Ademais, lembra unha das portavoces dos veciños, levan "xa tres sábados sen atención médica".

Por parte da área Sanitaria, afirma Tojeiro, explicóuselles que non se pode cubrir a praza "por falta de médicos", unha circunstancia que os veciños aseguran "poder entender", pero, insisten, "tampouco" poden "estar desatendidos".

Centro de Saúde. EUROPA PRESS - Arquivo
Centro de Saúde. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta