Convocan a máis de 400 veciños de Maceda entre os 16 e 40 anos a un cribado este sábado

Levarase a cabo con test de antíxenos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/07/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocou a 427 veciños de 16 a 40 anos do municipio de Maceda a un cribado para detectar casos de Covid-19 entre poboación asintomática.

Segundo informou esta área sanitaria, este cribado entre poboación nova levarase a cabo con test de antíxenos este sábado no Pavillón Pablo R. Guede.

En concreto, as probas con test de antíxenos levarán a cabo de 9,00 a 13,30 horas no Pavillón Pablo R. Guede de Maceda, concretaron as mesmas fontes.

Este sábado o municipio de Maceda entrará en nivel de restricións media debido á evolución da situación epidemiolóxica pola pandemia da Covid-19.

Un sanitario sostén unha probeta tras realizar un test de antíxenos. Foto de arquivo.. Marta Fernández - Europa Press
Un sanitario sostén unha probeta tras realizar un test de antíxenos. Foto de arquivo.. Marta Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta